CS Formación para a mobilidade segura e sustentable
FP DUAL 2023-2025
AUTOESCUELA PLAZA. VIGO
• Identificar e seleccionar a normativa reguladora da circulación, regulamentación xeral de vehículos e transporte de persoas e mercancías e normativa reguladora das emisións de contaminantes atmosféricos e calidade do aire.
• Programar a intervención da ensinanza para a seguridade viaria e a mobilidade, atendendo ao tipo desta e ao alumnado ou grupo ao que está dirixida.
• Organizar os recursos para o desenvolvemento da actividade de ensinanza-aprendizaxe, respondendo ás necesidades e características do alumnado ou grupo ao que está dirixida.
• Desenvolver as actividades programadas, empregando os recursos e estratexias metodolóxicas apropiadas e as habilidades docentes relacionadas.
• Deseñar e aplicar estratexias de actuación para a ensinanza-aprendizaxe, no marco das instrucións e procedementos da administración reguladora, da mobilidade e da seguridade viaria.
• Avaliar o proceso de formación e os resultados obtidos, elaborando e xestionando a documentación asociada ao mesmo e transmitindo a información co fin de mellorar a calidade do servizo.
• Conducir turismos e motocicletas autorizadas co permiso A2 por vías urbanas e interurbanas, cumprindo as normas de circulación e seguridade viaria e aplicando técnicas de condución segura e eficiente e sostible.
• Desenvolver programas de educación viaria e sustentabilidade do transporte, colaborando cos centros educativos e outras entidades públicas ou privadas que o requiran.
• Asesorar e colaborar en plans de mobilidade segura e sustentable dirixidos a entidades públicas ou privadas.
• Participar na elaboración, implantación e revisión de plans de mobilidade urbana.
• Xestionar e administrar unha escola particular ou centro de formación de persoas condutoras, aplicando a normativa reguladora.
• Actuar ante continxencias relativas ás persoas, recursos ou ao medio, transmitindo seguridade e confianza e aplicando, no seu caso, os protocolos de actuación establecidos.
• Manter actualizados os coñecementos científicos e técnicos relativos á súa actividade profesional, utilizando os recursos existentes.
• Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñecementos, científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu entorno profesional, xestionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación.
Primeiro curso
Código | Módulo | Horas totais módulo | FCE | FEM |
1651 | Tráfico, circulación de vehículos e transporte por estrada | 213 | 107 | 106 |
1653 | Técnicas de condución | 80 | 0 | 80 |
1654 | Tecnoloxía básica do automóbil | 53 | 28 | 25 |
1656 | Educación viaria | 160 | 136 | 24 |
1657 | Seguridade viaria | 187 | 162 | 25 |
1658 | Didáctica da formación para a seguridade viaria | 107 | 83 | 24 |
1661 | Formación e Orientación Laboral | 107 | 91 | 16 |
A160 | Lingua estranxeira profesional: inglés 1 | 53 | 53 | 0 |
TOTAL | 960 | 660 | 300 |
Segundo curso
Código | Módulo | Horas totais módulo | FCE | FEM |
0020 | Primeiros auxilios | 53 | 53 | 0 |
1652 | Organización da formación das persoas condutoras | 87 | 45 | 42 |
1655 | Didáctica da ensinanza práctica da condución | 279 | 160 | 119 |
1659 | Mobilidade segura e sostible | 105 | 88 | 17 |
1660 | Proxecto da formación para a mobilidade segura e sostible | 26 | 26 | 0 |
1662 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 53 | 0 |
1663 | Formación en centros de traballo | 384 | 0 | 384 |
A161 | Lingua estranxeira profesional: inglés 2 | 53 | 53 | 0 |
TOTAL | 1040 | 478 | 562 |
(1) Dadas as características do módulo profesional Didáctica da ensinanza práctica da condución, para cursar o mesmo é necesario estar en posesión dos permisos de condución B e A2, establecidos no artigo 4 del Real Decreto 818/2009, de 8 de maio, polo que se aproba o Reglamento Xeral de Condutores.
*O certificado de aptitude de profesor de formación vial da DXT non é equivalente ao TS de Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable.
Temporalización
• Formación no centro de estudos: Setembro – Febreiro
• Formación remunerada na empresa: Marzo – Agosto
Horario
• Centro de estudos: pola tarde de luns a venres
• Empresa: segundo o horario establecido pola propia empresa
Importe mínimo da bolsa a percibir durante a formación na empresa: 630 € mensuais
Número de prazas ofertadas: 22 prazas
Máis información:
FP Dual Galicia
Síguenos en:
Instagram: @fpdual_galicia
Facebook: Fp Dual Galicia
Twitter: FP Galicia