Programas de Mobilidade
ERASMUS CHARTER FOR HIGHER EDUCATION 2014/2020
Cal é o cometido da Coordinación de Programas Internacionais?
- Fomentar os proxectos internacionais de colaboración con outros centros e outras entidades e asociacións dentro e fóra do país.
- Informar á comunidade do centro sobre as posibilidades de realización de prácticas ou estadías no estranxeiro para alumnado ou persoas tituladas de ciclos formativos, e buscar socios no estranxeiro ou dentro do país, para desenvolver os programas de intercambio.
- Motivar o profesorado e o alumnado para participaren en programas internacionais.
- Promover e estudar as propostas de innovación relacionadas con programas internacionais, deseñando o protocolo e as actividades necesarias para levalas a cabo.
- Tramitar todas as solicitudes e a documentación necesaria para a participación do centro nos programas internacionais.
- Asesorar na formalización e na tramitación das solicitudes e da documentación necesaria para a participación do profesorado e do alumnado nos proxectos internacionais.
Declaración de Política Erasmus / Erasmus Policy Statement
Programas de mobilidade 2018/2019
Convocatoria para mobilidades de alumnado curso 2018/2019
O prazo de presentación de solicitude para a participación será entre o 22 e o 31 de outubro 2018 (ata as 14,00h) na secretaría do centro.
- Consorcio FP Superior Ourense - Europa, MOBILIDADES PARA FCT DE CICLOS SUPERIORES. Convocatoria marzo - xuño 2019
Bases complemetarias específicas do CIFP Portovello
Relación de solicitudes alumnado recibidas
Resultado do proceso de selección bolsas Erasmus+ Alumnado Ciclos superiores
- Consorcio FP Superior Ourense - Europa, MOBILIDADES DE PERSOAL DE CICLOS SUPERIORES Convocatoria xaneiro - setembro 2019
Criterios de baremación de mobilidades de persoal aprobadas en Claustro
Relación de solicutudes persoal recibidas
Resultado do proceso de selección bolsas Erasmus+ Persoal Ciclos Superiores