arriba
Sábado, 2-Novembro-2024

 

 
PortadaseparatorFP DualseparatorCS Administración e Finanzas


CS Administración e Finanzas

FP DUAL 2024-2026

Que se aprende a facer?
Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais,laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando anormativa e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade,nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención áclientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas exestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou através do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira oulaboral, estudos de proxectos, etc.

Que ocupacións se desempeñan?

Administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro,administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administraciónpública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías,técnico/a en xestión de cobramentos, responsable de atención á clientela.

A que outros estudos se pode acceder?

Ciclo formativo de grao medio ou superior.
Título de bacharelato.
Ensinanza universitaria de grao.

Módulos profesionais 1º curso

Inglés

Xestión da Documentación Xurídica empresarial

Recursos Humanos e Responsabilidade Social Corporativa

Ofimática e Procesos da Información

Proceso Integral da Actividade Comercial

Comunicación e Atención á Clientela

Formación e Orientación Laboral

Módulos profesionais 2º curso

Lingua estranxeira profesional

Xestión de Recursos Humanos

Xestión Financeira

Contabilidade e Fiscalidade

Xestión Loxística e Comercial

Temporalización

Formación no centro de estudos: Setembro – Febreiro
Formación remunerada na empresa: Marzo – Xullo
Horario

Centro de estudos: pola tarde de luns a venres
Empresa: segundo o horario establecido pola propia empresa
Importe mínimo da bolsa a percibir durante a formación na empresa: 630 € mensuais

Número de prazas ofertadas: 30 prazas

Máis información:

FP Dual Galicia

Síguenos en:

Instagram: @fpdual_galicia

Facebook: Fp Dual Galicia

Twitter: FP Galicia

img#22720