arriba
Xoves, 27-Febreiro-2020

 

 
PortadaseparatorInnovación educativa


Innovación educativa

  • Curso 19-20

    • VIII Premio Innovación Educativa "Escola Viva". Fete-Ugt Galicia. Presentación do 4 de febreiro ao 24 de abril de 2020.  Cartaz. Información Información

    • Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso 2019/2020. O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 14 de febreiro de 2020. Información

    • I Edición "Desafío AMETIC". Para premiar proxectos tecnolóxicos orientados á externalización de servizos

      A convocatoria vai dirixida a centros educativos de FP, universidades, e escolas de negocio que realicen proxectos innovadores para mellorar os procesos comerciais, tanto de xestión, como de venda, a través da incorporación de tecnoloxías habilitadoras, como IoT ou Big Data, entre outras.  

    • Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2020. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de xaneiro de 2020.

      Máis información

    • Convocatoria para profesores/as visitantes en EEUU, Canadá, Reino Unido e China. Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO desde o 12 de novembro de 2019 ata o 02 de decembro de 2019 ás 14:00. Información

    • Programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso 2019/2020, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras comunidades autónomas do Estado Español.  Información

    • "X Concurso de  “BUENAS PRÁCTICAS EDUCATIVAS”. Premios MEP (Mejora tu Escuela Pública) ás boas prácticas educativas. O prazo de inscrición comeza o 25 de outubro de 2019 e remata o 20 de marzo de 2020. Infornación

    • Resolución do 7 de outubro de 2019 pola que se regulan, para o curso 2019/2020, os contratos-programa dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria. O prazo de presentación de solicitudes vai do 11 ao 25 de outubro de 2019. Información

Solicitude, documentación e prazos. O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:

1ª fase: Nesta primeira fase a persoa coordinadora do proxecto iniciará o procedemento de solicitude accedendo, ata o 14 de outubro, á pestana "Convocatorias" da aplicación FProfe, seleccionando a opción "PFFP".
 
2ª fase: Logo de iniciado o procedemento de solicitude, o asesor ou a asesora de formación profesional do CFR ou do CAFI contactará coa persoa coordinadora para ofrecer orientación e asesoramento no deseño do proxecto e elaboración da documentación.

Para finalizar este procedemento de solicitude, a persoa coordinadora do proxecto deberá presentar, antes do día 29 de outubro, a seguinte documentación:

a. Modelo de solicitude xerado a través da aplicación informática FProfe.
b. Anexos I, II, e de ser o caso, III desta convocatoria.

    • eTwinning. Ofrece una plataforma a los equipos educativos (profesores, directores, bibliotecarios, etc.) de los centros escolares de alguno de los países europeos participantes, para comunicarse, colaborar, desarrollar proyectos, o lo que es lo mismo: sentirse y formar parte de la comunidad educativa más atractiva de Europa. eTwinning está cofinanciado por Erasmus+, programa europeo para la educación, formación, juventud y deporte.

    • Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais contra a violencia de xénero. Prazo de presentación dos traballos: ata o 11 de novembro de 2019 (ás 15.00 h). Información

    • Resolución do 23 de setembro de 2019 pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta Consellería durante o curso escolar 2019/2020. Información. Prazo de solicitude: do 25 de setembro ao 16 de outubro de 2019 (o programa Cidadanía dixital do CGAI pecha o prazo o 30 de setembro e os programas Cinema en curso e Fotografía en curso, tamén do CGAI, pechan o prazo o 1 de outubro).

  • Curso 18-19

 Prazos de presentación:

a) O prazo de preinscrición comeza ao día seguinte da publicación da resolución no portal educativo e remata o día 27 de setembro 2019.
b) O prazo de presentación das solicitudes comeza o día 1 de xuño e remata o 8 de outubro de 2019.
 

    • Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario para o curso 2019/2020. Preinscrición: ata o 12 de xuño (incluído).

      Inscrición: ata o 21 de xuño (incluído). Ligazón

    • Convocado o Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019 para os centros docentes públicos. O prazo de presentación rematará o 17 de outubro do 2019. Información

    • Premio Proxecta de Innovación Educativa 2019 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2018/2019. Prazo de presentación de solicitudes: do 10 ao 31 de maio de 2019. Información

    • Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019. O prazo de presentación das solicitudes será do 30 de abril ao 29 de maio de 2019. Información

    • "VII Premio Innovación Educativa". Convocan Escola Viva en colaboraci6n con FeSP-UGT Galicia.

      Os traballos poden enviarse ata o 23 de abril de 2019, incluido esedía. Cartaz. Bases convocatoria

    • O CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, presentan o III Encontro pedagóxico “A educación dende o compromiso co territorio. Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora”.

      Neste III encontro aproximanse ás particularidades das cidades educadoras achegándonos a Pontevedra e o seu proxecto de cidade, fortemente vencellado ás ideas de Francesco Tonucci e á súa concepción da cidade d@s nen@s. Entre as particularidades deste ano destacan a distribución en tres días diferentes e tamén en distintos espazos.

      Para a Antesala dos encontros, o día 28 de marzo, está previsto un coloquio con Jaume Trilla, ao fío da súa última obra: La moda reaccionaria en educación. Trátase dunha actividade opcional e con entrada libre, no Liceo de Ourense.

      O día 4 de abril, o evento central do Encontro celebrarase na Aula Marie Curie da UVigo en Ourense. Teremos a oportunidade de coñecer máis de preto as particularidades do proxecto de cidade de Pontevedra, falando co seu alcalde e a través dunha mesa redonda na que estarán representados distintos colectivos da cidade.

      Finalmente, o día 8, as persoas interesadas e que acreditaron a súa asistencia o día 4, poderán participar nunha visita guiada por Pontevedra para comprobar in situ os aspectos analizados.

      O programa 

      A inscrición é gratuíta e podedes facela no seguinte formulario ou a través da web do CIFP Portovello. Para máis información podedes poñervos en contacto con nós en educacioneterritorio@gmail.com. Ademais, iremos informando do evento nos nosos perfís nas redes sociais: Facebook, Twitter (@EducaTerritorio) e Instagram EducaciónCompromisoTerritorio) .

    • Programa de Educación Financeira e Concurso de Coñecementos Financeiros. Está destinado, principalmente, a alumnos de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Formación profesional de grao medio. O contido pode adaptarse a outros niveis. A data límite de inscrición é o 26 de abril de 2019. Información

    • Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2018/2019. O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 15 de febreiro de 2019.​ Información

    • Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2019. O prazo de solicitudes remata o día 8 de febreiro de 2019. Información

    • Regueifiñas de Ciencia. I Concurso debate escolar. Organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, este proxecto consiste na organización de debates ao redor de temas de actualidade e transcendencia para a sociedade. É necesario facer unha preinscrición antes do 12 de decembro. Dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, bacharelato e ciclos medios de formación profesional Información

    • VI Concurso de curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes. A finalidade do certame é achegar esta realidade á poboación escolar, de modo que o alumnado poida valorar os beneficios do fomento da doazón de órganos e tecidos. Destinatario: alumnado de bacharelato e ciclos formativos de grao medio. Prazo de presentación: 28 de abril de 2019. Información

    • XVI Concurso escolar de debuxos sobre Dereitos Humanos. Defensor del Pueblo 2018/2019. Información

    • XII edición do premio Federico Mayor Zaragoza, baixo o lema "Salvemos o planeta. Actuemos agora, mañá pode ser tarde!". Nesta convocatoria proponse un concurso de creación de clipmetrajes, centrado en temas ambientais e dirixido a alumnos de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. A dotación do premio é de 5.000 euros.

      O prazo de inscricións é do 5 de novembro de 2018 ao 3 de febreiro do 2019. Información

    • Programa educativo de ABANCA "Segura-mente" Vai dirixido ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, ESO e FP Básica. Información

      O alumnado da ESO e FP Básica aprenderá a planificar con espírito emprendedor e adoptar unha actitude preventiva presentando a concurso a súa propia Start-Up que consistirá en crear a primeira aseguradora para mozas e mozos, poñendo en valor aquilo que é verdadeiramente importante para elas e eles.

    • Convocatoria de Profesores Visitantes en Estados Unidos, Canadá e Reino Unido para o curso 2019/2020 do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Prazo de solicitude do 22 de novembro ao 10 de decembro 2018. Información

    • Convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN»: Innovación docente dende a observación e o intercambio entre iguais, durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional. O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será de 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente resolución no portal educativo (2/11/2018). Información

    • Premios Acción Maxistral 2018. Iniciativa da FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e BBVA que ten o obxectivo de galardoar e dar a coñecer proxectos creativos, innovadores e con impacto social por docentes de centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria de toda España. Período de recepción de candidaturas do 30 de xullo ao 30 de outubroInformación

    • 11ª Edición dos premios Educacompostela de recursos educativos en prol da innovación,a calidade educativa e a renovación pedagóxica. Prazo de presentación: ata o 31 de outubro de 2018. Información

    • Plan PROXECTA 2018-2019. Prazo de solicitude: do 29 de setembro ao 19 de outubro de 2018 (os programas do CGAI pechan o prazo de solicitude o 5 de outubro).

    • Concurso Nacional de Boas Prácticas. Dirixido a centros educativos que desenvolvan proxectos e actividades que melloren a calidade educativa e cumpran as condicións e requisitos de "boa práctica" para poñer en valor actuacións exemplares, de xeito que estas boas prácticas, consecuencia do esforzo compartido na busca da mellora na acción educativa, sirvan de modelo e inspiración a outros centros educativos. Recoñecerase cun importe de 10.000 euros un proxecto por cada unha das categorías e modalidades. Prazo de presentación: Ata o 30 de setembro de 2018. Información

    • Abertas as convocatorias para participar en Cinema en curso e Fotografía en curso 2018/1. A solicitude farase a través da plataforma do Plan Proxecta ata o 28 de setembro. Información

    • Reintegros individuais de gastos de asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2018. Información

  • Curso 17-18

    • Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2017. Información
  • Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario para o curso 2017/2018. Preinscrición: ata o 20 de maio (obrigatorio) e Inscrición: ata o 10 de xuño. Información
    • V Concurso de Traballos por Proxectos. No contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, para centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, curso 2017/2018.Convocatoria 2017/2018. Convocatoria.  O prazo para a presentación dos traballos remata o 10 de xullo de 2018. 
    • Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/2018. Convocatoria. Solicitude. O prazo de participación remata o 24 de abril de 2018.
    • O CIFP Portovelo e a Facultade de CC da Educación da U. de vigo organizan "A educación dende o compromiso co territorio. Achegamento a experiencias de desenvolvemento rural". Terá lugar o 12 de abril de 2108 na cidade de Ourense. Programa e cartaz. Formulario de inscrición.
    • Estancias Profesionais. Visitas de dúas semanas que se poden realizar entre outubro de 2018 e agosto de 2019. Os docentes observan clases no centro de acollida, participan en reunións, colaboran co claustro en actividades escolares ou extraescolares e familiarízanse coa xestión académica e administrativa do centro de acollida.

      Este programa ten como obxectivos fomentar un mellor dominio das linguas estranxeiras, o intercambio de boas prácticas docentes, promover unha maior apreciación da diversidade cultural europea e propiciar proxectos conxuntos entre a comunidade educativa do ámbito europeo.

    • Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2016/2017. Información. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia (nº 33, xoves 15 de febreiro de 2018)

    • Convocatoria Estadías Formativas 2018. Inscrición en FPROFE, ata o 2 de marzo de 2018. Información

    • Convocatoria eduMOTIVAcom 17-18 

      Ofrecer aos centros de ensino non universitario galegos experiencias de diferentes persoeiros de recoñecido prestixio e relevancia na sociedade galega e que destacan en diferentes campos profesionais, para así fomentar no alumnado valores como a motivación, o esforzo, a curiosidade, o pensamento crítico e o traballo en equipo. Mediante charlas, obradoiros ou visitas que cada persoeiro propón.

      Prazo de solicitude: ata o 28 de febreiro de 2018.

      Convocatoria do programa “Implantación de ferramentas de medios de pagamento en formación profesional”. Dirixida as familias de Administración e Xestión e de Comercio e Marketing. Convocatoria

    • Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería durante o curso académico 2017/2018. O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 9 de febreiro de 2018. Información

    • Trixésimo cuarta edición do Concurso Escolar da ONCE e da súa Fundación. "Reinventemos juntos una escuela para tod@s". Fase de participación: ata o 4 de febreiro de 2018. Información

    • Convocatoria do programa Finanzas para Mortai. Eduemprende. Prazo partcipar 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (28-11-2017). Convocatoria

    • Convocatoria 2017-2018. Proxectos de formación en centros para profesorado de formación profesionalPFFP