Admisión e matrícula
CURSO 2020/21
Antes da inscripción e matrícula debe consultar a oferta educativa onde atopará os requisitos tanto de idade como académicos que debe reunir.
Pode consultar as instruccións para a matrícula AQUÍ.
Máis información na web da Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp
Ensinazas no réxime de adultos (modular-distancia): para consultar os módulos por ciclo formativo pode facelo dende o enlace anterior ou ben premer en itinerarios formativos nas ensinanzas de adultos, poderá consultar a oferta e as recomendacións por ciclo formativo picando no que corresponda.
Ademais esta dispoñible o horario do curso 2020/21 de Comercio Internacional Modular:
Calendario previsto no CIFP Portovello co fin de axilizar os trámites.
PREINSCRIPCIÓN (VÍA WEB) do 25 de xuño ao 8 de xullo ás 13:00 horas:
- Modular distancia (agás FCT e PROXECTO)
- Administración e finanzas
- Atención a persoas en situación de dependencia
- Educación Infantil
- Xestión administrativa
- Actividades Comercias (so módulos non asociados a UC, excepto FOL)
- Modular presencial (agás FCT e PROXECTO)
- Comercio Internacional
- Ordinario
- Alumnado que se matricula por primeira vez
- Alumnado que repite primeiro curso
PREINSCRIPCIÓN do 25 de xuño ao 8 de xullo ás 13:00 horas:
- Alumnado que opte por cambiar de ciclo no réxime ordinario (de 1º Administración e Finanzas a 2º Asistencia á Dirección ou viceversa) deberá realizar a prescripción para 2º ano entregando unha solicitude na secretaría do centro.
- Alumnado que solicite praza para cambiar do réxime modular ao 2º ordinario.
- Alumnado que procede de outros centros que desexe solicitar praza de segundo curso de ordinario ou FCT e/ou Proxecto.
RECLAMACIÓNS CONTRA ÁS LISTAXES:
O praxo para reclamar é ata o mércores, 15 de xullo, as 13 horas.
Documento para a reclamación premendo AQUÍ.
MATRÍCULA:
Todo o alumnado que teña praza adxudicada deberá facer efectiva a matrícula nas seguintes datas:
- 1ª adxudicación: do 21 ao 27 de xullo.
- 2ª adxudicación: do 29 ao 31 de xullo.
PREINSCRIPCIÓN E MATRICULA do 25 de xuño ao 8 de xullo:
- Alumnado de primeiro curso que promociona dentro do mesmo ciclo.
- Alumnado de segundo ano que repite módulos.
- Alumnado de réxime ordinario, modular presencial e modular distancia, que vaia realizar os módulos de FCT e/ou Proxecto en setembro-decembro.
Servizos en liña da Consellería de Cultura, Educación e OU
A aplicación informática “Ciclosadmision” permite o acceso a usuarios externos autentificados nos sistemas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Deste xeito aquelas persoas participantes no proceso de admisión a ciclos formativos de Formación Profesional que facilitaron un enderezo de correo electrónico válido na súa solicitude poden ser usuarios externos da aplicación informática e acceder a determinados servizos en liña relacionados co proceso de admisión.
Pode acceder a este servizo no seguiente enlace: Servizos en liña