arriba
Sábado, 26-Maio-2018

 

 
PortadaseparatorAlumnadoseparatorAcreditación de competencias


Acreditación de competencias

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida. As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo. A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes. No CIFP Portovello poderán desenvolverse procesos de acreditación, en función das convocatorias realizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, das tres familias profesionais que se imparten no centro. Podes resolver as túas dúbidas no seguinte enlace:

ou ben consultar as seguintes páxinas:

NOVAS DE INTERESE

REMÁRCASE QUE ESTE ANO OFERTARASE A ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS EN:

CICLO FORMATIVOCUALIFICACIÓN PROFESIONAL
Xestión administrativa Actividades administrativas de recepción coa clientela
Actividades de xestión administrativa
Actividades comerciais Actividades de venta
Organización e xestión de almacéns
Actividades de xestión do pequeno comercio
Xestión comercial inmobiliaria

Importante

  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro de 2018 ao 2 de febreiro de 2018.
  • Publicación das listaxes de solicitantes para participar no proceso de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018

Comunícase que foron publicada no portal de fp as listaxes de solicitantes no marco deste proceso. As persoas solicitantes poderán consultar a súa situación accedendo ao seu expediente na aplicación informática. Asemade informáse que os solicitantes disporán de 10 días para subsanar a documentación.

Prazo para realizar reclamacións: do 14 ao 19 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos. 

Prazo para realizar recurso de alzada: do 5 de abril ao 4 de mayo de 2018, ambos os dous incluídos. .

 

  • Publicación da convocatoria da reunión grupal para todas as persoas admitidas no proceso de acreditación de competencias.

Actividades comerciais

    Mércores 18 de Abril de 2018      

        19:30 horas          

Edificio A

                   Aula A001                    

Xestión administrativa

Mércores 18 de Abril de 2018   

19:30 horas

Edificio A

Salón de actos