arriba
Sábado, 5-Outubro-2024

 

 
PortadaseparatorAlumnadoseparatorFormación en centros de traballo


Formación en centros de traballo

  

Responsable do Departamento de relación con empresas

Rubén Ansia Vázquez

relacionconempresas.cifp.portovello@edu.xunta.gal

988 788 906

  

Formación en Centros de Traballo (FCT)

O módulo profesional de FCT é un bloque coherente de formación profesional que se desenvolve en empresas ou institucións en situacións reais de traballo. Este módulo ten carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos e desenvolverase procurando aplicar as competencias profesionais adquiridas no centros educativos, complementadas con aquelas previamente identificadas entre as actividades produtivas do centro de traballo. O módulo de FCT ten as seguintes finalidades:

• Completar a adquisición de competencias profesionais.
• Adquirir unha madureza profesional motivadoras para a aprendizaxe ao longo da vida.
• Facilitar a inserción laboral.
• Acreditar os aspectos requiridos no emprego mediante situacións reais de traballo.

Información de interese

Períodos de realización FCT
Setembro - Decembro
Xaneiro - Marzo
Abril - Xuño

Duración FCT
Formación Profesional Básica: 320 horas
Ciclo Medio: 410 horas
Ciclo Superior: 384 horas

Normativa FCT

ORDE do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia

Outra normativa reguladora da FCT

Trámites relacionados coa FCT

Renuncia do módulo de FCT

Exención do módulo de FCT