arriba
Martes, 23-Xullo-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Articulando unha paisaxe dixital de respecto


Mércores, 20-Febreiro-2019

Na mañá de hoxe, de 12:00 a 15:00 terán lugar simultáneamente dous obradoiros de CibeRespect “Articulando unha paisaxe dixital de respecto”. Nos mesmos participan dous grupos mixtos formados por alumnado de primeiro curso de Animación Sociocultural e Turística e Integración Social.

Os obradoiros desenvólvense da man de Ecos do Sur, “organización que traballa na promoción dunha sociedade máis xusta, máis equitativa e orgullosa da sua diversidade”. Desenvolven iniciativas para estimular a participación cidadá dos colectivos migrantes e das comunidades de acollida, baseada no coñecemento mutuo e a superación de prexuizos

A retroalimentación entre odio na rúa-odio en internet/discurso de odio-delitos de odio está de peligrosa actualidade, en tendencia ascendente. Prexuizos, rumores, mentiras e difamacións (xenófobas, racistas, islamófobas, misóginas, aporófobas…) articúlanse en narrativas opresivas que están, hoxe, transmitindo unha interpretación sesgada, agresiva e excluínte da realidade. Como afrontar este reto dende a transformación dos relatos sobre a diversidade e a diferencia? Nos obradoiros de CibeRespect abórdanse estas cuestión dende unha perspectiva conceptual e práctica.



Mais noticias...