arriba
Venres, 26-Abril-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Visita do IES Laura Olmo de O Barco de Valdeorras


Xoves, 21-Febreiro-2019

Un grupo de alumnas do IES Laura Olmo de O Barco de Valdeorras visitou hoxe pola tarde o noso centro. O grupo pertencente ao CM de Atención a persoas en situación de dependencia, acompañadas pola docente do módulo Tamara Pérez, visitou as diferentes estancias do centro e participou nunha actividade formativa na aula de Teleasistencia.
A actividade consistiu nunha simulación dunha central de Teleasistencia, onde o alumnado do noso centro de 2º de CMAPSD actuaban como usuarios do servizo e profesionais do 061 e o alumnado visitante exercía de Técnico da Unidade de Teleasistncia, respondendo en tempo real as diferentes chamadas chegadas a central.
Todo o alumnado participante gozou dunha proposta de traballo activa e tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a nosa aplicación simuladora e compartir as súas experiencias de cara as dificultades que ten atender a persoas a través dun telefóno.


Visita do IES Laura Olmo de O Barco de Valdeorras  - Foto 1
Visita do IES Laura Olmo de O Barco de Valdeorras  - Foto 2
Visita do IES Laura Olmo de O Barco de Valdeorras  - Foto 3
Visita do IES Laura Olmo de O Barco de Valdeorras  - Foto 4


Mais noticias...