arriba
Domingo, 25-Agosto-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Actividades Programa "365 días de respeto e igualdade"


convivenciaigualdade
Martes, 26-Febreiro-2019

Dende o Equipo de Igualdade do noso centro informamos das seguintes actividades programadas dende o Equipo de Igualdade – Programa "365 días de respecto e igualdade":

- Dende o pasado xoves e ata o 20 de marzo estará no edificio A a exposición "15 VISIÓNS-EXPRESSARTE". Unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte. Creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero e impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

- Charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual, a cargo de persoal especializado. Data: 12 de marzo ás 12:00 h. Duración: 1 hora. Lugar: salón de actos.

- Espectáculo “Golpes” da compañía de teatro Aantena. Data: 9 abril ás 12:00 h. Duración: 1 hora. Lugar: salón de actos.

- Charla informativa a cargo de persoal da Policía Autonómica (Grupo Viogen de protección a mulleres vítimas) Data: 25 de abril ás 12:00 h. Duración: 1 hora. Lugar: salón de actos.


Actividades Programa "365 días de respeto e igualdade" - Foto 1
Actividades Programa "365 días de respeto e igualdade" - Foto 2
Actividades Programa "365 días de respeto e igualdade" - Foto 3


Mais noticias...