arriba
Venres, 26-Abril-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Proxecto Ríos


innovacion
Xoves, 21-Marzo-2019

Persoa de referencia: Xesús Fortes


Proxecto Ríos. Plan Proxecta.


Temporización: 2016-2017, 2017-2018, 2018-2019


Por tercer ano consecutivo o departamento de Servizos socioculturais e á Comunidade do CIFP Portovello participa no Proxecto Ríos, proxecto enmarcado no Plan Proxecta, iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros.

Profesorado e alumnado dos ciclos de Educación Infantil, Animación sociocultural e turística, Atención a persoas en situación de dependencia e Integración social pretenden achegarse a unha nova dimensión da educación ambiental a través dos espazos fluviais. Para acadar ese obxectivo desenvolven actividades de investigación-acción, coñecendo e actuando sobre o patrimonio natural e difundindo os seus valores ao tempo que adaptan as propostas de intervención ás características das persoas ou colectivos destinatarias da mesma.

O proxecto acada unha dimensión transversal ao colaborar con diversos ciclos formativos que se imparten no centro e con outros centros de distintas etapas educativas, ademáis de entidades locais do terceiro sector vencelladas á atención á diversidade. Esta colaboración permite testar as propostas didácticas e de materiais educativos que xurden do traballo co alumnado do noso centro.


O Proxecto Ríos permite ao alumnado:

  • Coñecer e desenvolver posibilidades metodolóxicas innovadoras que apostan por saltar os muros da escola e que conectan coas propostas da escola activa
  • Asumir a posición privilexiada que lle corresponde, facilitando a adaptación do proceso ás súas características e potencialidades, desde o contacto directo con distintas formas de vida, a natureza e o traballo humano.
  • Participar dun proceso de educación integral que cultiva e fai crecer todos os aspectos da personalidade das persoas que participan da mesma: sensoriais, cognitivos, emocionais, sociais, físicos, artísticos, manuais e morais, en contacto directo coa natureza.
  • Desenvolver un proceso completo de observación e recollida de datos, experimentación, posterior recapitulación e síntese e, finalmente comunicación dos procesos vividos.
  • Traballar a través da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), intentando dotar as aprendizaxes de significatividade e sentido, ao servir a un fin concreto que se vai operativizar nunha proposta.
  • Identificar situacións susceptíbeis de mellora e comprometerse coas mesmas, desenvolvendo un proxecto solidario que pon en xogo coñecementos, habilidades, actitudes e valores.

Proxecto Ríos - Foto 1
Proxecto Ríos - Foto 2
Proxecto Ríos - Foto 3


Mais noticias...