arriba
Luns, 23-Setembro-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Presentación no noso centro da guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade a cargo de ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia.


convivenciaigualdade
Xoves, 21-Marzo-2019

Onte mércores, día 20 de marzo no CIFP Portovello levouse a cabo a presentación da guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade a cargo de ACADAR que amosa os tipos de violencia sexual e os indicadores que axudan a identificar as situacións que as mulleres con e sen discapacidade de distintas idades poden vivir ou estar a vivir. A actividade acompañouse dunha performance a cargo da artista Mónica Mura, e dunha exposición de fotografía realizadas pola mesma, quen nos seus traballos amosa un profundo compromiso social dirixido á visibilización, en especial das mulleres en situación de exclusión, risco ou vulnerabilidade.

Na actividade participaron o alumnado dos grupos de primeiros cursos do CS Educación infantil, CS Integración social, CS Animación sociocultural e turística e CM Atención a persoas en situación de dependencia.


ACADAR, a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, foi constituída no 2009 por un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade de Galicia. A misión da entidade é a de promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da vida, facendo visible a interacción dos diversos factores que condicionan a nosa autonomía e sitúannos nunha posición con maiores niveis de discriminación.

A finais de 2018, ACADAR edita a guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad. A realización da guía ten o obxectivo de visibilizar este tipo de violencia que permanece oculta, sobre todo entre o colectivo de nenas e mulleres con discapacidade, e tendo en conta que estamos ante unha realidade moi presente aínda nos nosos días.

A violencia sexual é unha realidade de gran magnitude, tanto pola súa frecuencia como polas graves consecuencias que ocasiona na saúde das nenas e mulleres, e que convive na nosa poboación de xeito cotiá. Unha muller pode vivir unha situación de violencia sexual dende o período lactante ata as últimas décadas da súa vida, xa sexa dentro do seu núcleo familiar ou fora del. Non é sinxelo precisar a incidencia real deste problema na poboación porque ocorre habitualmente nun entorno privado, no colexio ou en institucións; o que significa que as nenas e mulleres poidan sentirse impotentes para revelar o abuso. Dar nome e definir o extenso campo das formas que adopta esta violencia cara as nenas e as mulleres contribúe sen dúbida ao avance cara a súa erradicación. Así mesmo, é fundamental poder abordar os problemas emocionais, de relación, funcionais, de adaptación e sexuais ocasionados. Todas estas observacións fan necesario que as persoas profesionais e especialmente as propias mulleres, nenas e as súas familias sexan capaces de detectar estas problemáticas para poder intervir nestes casos de forma axeitada e eficaz. Dende a entidade vense observando a necesidade de comezar a formar nas idades máis temperás co obxectivo de que as futuras xeracións identifiquen os indicadores de violencia sexual e, desta maneira, se favoreza unha detección precoz da problemática e se diminúa o risco en calquera etapa da vida.
Parabéns a ACADAR polo bo traballo realizado!!


Presentación no noso centro da guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade a cargo de ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia. - Foto 1
Presentación no noso centro da guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade a cargo de ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia. - Foto 2
Presentación no noso centro da guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade a cargo de ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia. - Foto 3
Presentación no noso centro da guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade a cargo de ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia. - Foto 4
Presentación no noso centro da guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade a cargo de ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia. - Foto 5
Presentación no noso centro da guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade a cargo de ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia. - Foto 6


Mais noticias...