arriba
Luns, 19-Agosto-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


ABERTAS AS LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALICIA


acfadministracioncelebracionscomercioconvivenciadinamizacionerasmuseventosexamesfctgalegohorariosigualdadeinnovacionmatriculaplurilingueredes-sociaisservizosxeral
Martes, 9-Abril-2019

ABERTAS AS LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

acceso a contratación

Desde marzo están abertas as listas para a contratación de persoal laboral da Xunta de Galicia. Inscribirse nestas listas para facer substitucións temporais supón unha boa forma de achegarse ao emprego público, xa que permite acadar méritos -a experiencia laboral- baremabeis á hora de participar nunha oposición.


Das dezasete listas abertas destacamos aqueles postos dirixidos aos titulados/as nos ciclos formativos impartidos no CIFP Portovello:
XEROCULTOR/A, de especial interese para os/as titulados/as no CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. Prazo de inscrición ata o 30 de abril.


PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS, de especial interese para os/as titulados/as no CM de Xestión Administrativa. Prazo de inscrición ata o 30 de abril.


AUXILIAR SANITARIO, COIDADOR/A XERÁTRICO, de especial interese para os/as titulados/as no CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. Prazo de inscrición ata o 15 de xullo.


TÉCNICO/A ESPECIALISTA XARDÍN DE INFANCIA, de especial interese para os/as titulados/as no CS de Educación Infantil. Prazo de inscrición ata o 15 de xullo.


Para poder facer a solicitude cómpre:
1) Ter Chave365
2) Cubrir a solicitude
3) Pagar as taxas, segundo o procedemento de pago de taxas

A continuación é necesario presentar a seguinte documentación nunha delegación da Xunta de Galicia:

Copia da solicitude validada
Impreso de pago de taxas
Orixinal e copia, ou copia compulsada, do título do Ciclo requerido para cada lista
Orixinal e copia, ou copia compulsada, do Celga



Mais noticias...