arriba
Venres, 26-Abril-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora


Xoves, 4-Abril-2019

A aula Marie Curie do edificio Politécnico da UVigo en Ourense acolleu a xornada central do III encontro sobre a educación dende o compromiso co territorio, na que se analizou o modelo de Pontevedra como cidade educadora. O encontro tivo dous momentos, un primeiro no que o alcalde da cidade Miguel Anxo Fernández Lores presentou o modelo dunha cidade onde o control do tráfico rodado foi cedendo o protagonismo ás persoas, convertendo as súas rúas en lugares de encontro e de participación cidadá e servindo de base para unha cidade máis habitable, respectuosa co medio ambiente e acolledora que é admirada e premiada a nivel internacional. Nun segundo momento, co formato dunha mesa redonda que levou por título A cidade a debate, distintas instancias da cidadanía representadas no evento por David Villaverde e dúas persoas usuarias, do centro de día Amencer Aspace de Campolongo; José Antonio Caballero, da Anpa Campolongo; María Pierres, arquitecta especialista en igualdade; e José Ángel Abraldes, director do centro de recursos educativos da Once, presentaron a súa visión sobre a evolución do proxecto de cidade desde a súa perspectiva, destacando os aspectos positivas e apuntando posibilidades de mellora.

Ao longo do Encontro que foi inaugurado por Mar García, decana de Ciencias da Educación; Manuel Doval, deputado provincial de Cultura e Eva Álvarez, vicedirectora do CIFP Portovello, homenaxeouse a Xose Manuel Rodríguez-Abella, pedagoso de Santiago de Compostela e impulsor das cidades educadoras en Galicia, finado en datas recentes.


Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora - Foto 1
Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora - Foto 2
Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora - Foto 3
Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora - Foto 4
Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora - Foto 5
Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora - Foto 6
Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora - Foto 7
Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora - Foto 8
Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora - Foto 9
Achegamento a Pontevedra: modelo de cidade educadora - Foto 10


Mais noticias...