arriba
Luns, 22-Xullo-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Roteiro pola cidade de Pontevedra


Luns, 8-Abril-2019

Como colofón ao III encontro sobre a educación dende o compromiso co territorio realizouse un roteiro pola cidade de Pontevedra no que as persoas participantes guiadas polo alcalde e outras concelleiras puideron observar máis de preto os aspectos traballados na sesión plenaria do días 4 en Ourense. O paseo pola cidade permitiu observar os resultados da implantación da plataforma única, a redución do tráfico rodado, a revitalización do casco urbano no que se van adoptando intervenciónsou o aproveitamento de espazos comúns da cidade polas persoas primando os seus dereitos sobre os dos coches. Pechamos a saída a Pontevedra cunha visita ao Salón do Libro que se está a celebrar estes días.

Na saída participaron todos os ciclos formativos da nosa familia profesional xunto con alumnado e profesorado de Ciencias da educación do campus de Ourense.

O noso gradecemento ao concello de Pontevedra pola resposta ao noso requirimento de participación neste III encontro e polas facilidades  ao longo de todo o proceso.


Roteiro pola cidade de Pontevedra - Foto 1
Roteiro pola cidade de Pontevedra - Foto 2
Roteiro pola cidade de Pontevedra - Foto 3
Roteiro pola cidade de Pontevedra - Foto 4
Roteiro pola cidade de Pontevedra - Foto 5
Roteiro pola cidade de Pontevedra - Foto 6


Mais noticias...