arriba
Domingo, 25-Agosto-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Smart Commerce: Innovación dixital no comercio local


innovacion
Xoves, 11-Abril-2019

Persoa de referencia: Lidia Blanco


O proxecto Smart Commerce: Innovación dixital no comercial local, foi presentado á convocatoria dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (2019)

O propósito principal do proxecto é o desenvolvemento dun ensino-aprendizaxe baseado en proxectos consistente na diagnose e implantación de estratexias competitivas dixitais no comercio local de Ourense. A colaboración do centro educativo coa empresa servirá para dar resposta aos problemas actuais do comercio local co intercambio e aplicación de coñecementos teóricos e prácticos.

O proxecto está formado por varios participantes, concretamente polo profesorado e alumnado do centro educativo CIFP Portovello como centro coordinador. Ademais participan empresas externas pertencentes ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro.

De modo máis concreto, en relación ao CIFP Portovello participa o alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos comercias e o profesorado do Departamento de Comercio e Marketing así como o alumnado de Asistencia á Dirección e o profesorado do Departamento de de Administración de Empresas.
Por último, colaborarán diversos comercios locais de Ourense e a Asociación do Centro Comercial Aberto Ourense Centro da que forman parte.

Os establecementos participantes son:

- Pasiños
- Serie B
- Marco Valenti
- Don Pablo Gourmet


O proxecto abrangue dende febreiro ata decembro de 2019 (incluída a fase de avaliación do proxecto). O traballo co alumnado comezou en febrero e rematará en xuño, nesta fase as actividades a realizar son as seguintes:

• Selección de entidades do comercio local coas que traballar (fase rematada)
• Enquisas ás entidades para realizar a diagnose da situación de innovación dixital (fase rematada)
• Presentación de recomendacións: plan de intervención. En fase de elaboración.


O proxecto vai más aló de traballar con empresas simuladas, da un paso máis e traballa con empresas reais que presentan situacións reais. Os alumnos aprenden a:

• Aplicar o aprendido na aula no entorno real
• Achegarse ao tecido empresarial local e o seu funcionamento a nivel de Márketing Dixital
• Recomendar ferramentas de Márketing Dixital para promover o desenvolvemento do comercio local



Mais noticias...