arriba
Venres, 26-Abril-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Visita didáctica Chaves-Laza


Mércores, 27-Marzo-2019

O 26 de marzo e o 2 de abril, alumnado e profesorado de 1º A e B do Ciclo Superior de Educación Infantil trasladámonos ao sul da provincia e ao país veciño para facer unha visita didáctica a diferentes centros do ámbito formal e non formal da Educación Infantil.

A primeira visita tivo lugar no Centro Escolar e Xardín de Infancia de Santa Cruz da Trindade (Chaves), onde tivemos a oportunidade de vivenciar as diferentes rutinas da aula, coñecer o traballo por proxectos, participar no momento da alimentación e compartir experiencias coas mestras/es.

Continuamos visitando a Casa Niño “As Pisadiñas” de Laza, aberta dende o 2018 por unha ex-alumna do CIFP Portovello, Yasmín González Vilabril, coa que compartimos as súas inquedanzas e experiencia na posta en marcha deste proxecto. Tamén tivemos a oportunidade de poder levar a cabo diversas experiencias musicais coa crianza.

Finalmente e de novo unha ex-alumna do centro, María González Pazos, presentounos o proxecto de ámbito non formal “Escola no bosque Mimetiza” levado a cabo durante os meses de verán e vacacións de nadal no concello de Laza. Tivemos a grata sorpresa de contar coas testemuñas de moitas desas nenas e nenos participantes no proxecto que viñeron a contárnolo en primeira persoa.

Ademais a visita estivo chea de sorpresas, probamos a bica branca de Laza, veciños e veciñas sacaron as rúas elementos do traxe emblemático do Entroido: O peliqueiro e incluso algún veciño se acercou de pé feito a contarnos curiosidades deste pobo cheo de cultura e tradición.

Agradecemos a dispoñibilidade e a colaboración de todas as/os profesionais que nos abren as portas das súas aulas e nos permiten vivir experiencias de aprendizaxe espectaculares.


Visita didáctica Chaves-Laza - Foto 1
Visita didáctica Chaves-Laza - Foto 2
Visita didáctica Chaves-Laza - Foto 3
Visita didáctica Chaves-Laza - Foto 4
Visita didáctica Chaves-Laza - Foto 5
Visita didáctica Chaves-Laza - Foto 6
Visita didáctica Chaves-Laza - Foto 7


Mais noticias...