arriba
Domingo, 25-Agosto-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


A Xunta premia ao noso centro por innovación na FP.


innovacion
Martes, 21-Maio-2019

O CIFP Portovello recibiu un premio de innovación didáctica polo proxecto Smart Commerce: innovación dixital no comercio local presentado á convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
O propósito principal do proxecto é o desenvolvemento dun ensino-aprendizaxe baseado en proxectos consistente na diagnose e implantación de estratexias competitivas dixitais no comercio local de Ourense. A colaboración do centro educativo coas empresas servirá para dar resposta aos problemas actuais do comercio local co intercambio e aplicación de coñecementos teóricos e prácticos.

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2019/05/15/xunta-premia-cifp-portovello-carballeira/2105450.html

https://www.laregion.es/articulo/ourense/educacion-premia-innovacion-cifp-carballeira-cifp-portovello/20190515080609871932.html



Mais noticias...