arriba
Luns, 19-Agosto-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Centro de interpretación do xogo popular e tradicional


innovacion
Xoves, 30-Maio-2019

Persoas de referencia: Xesús Fortes (xefe do departamento de Servizos) e Gisela Velo (coordinadora da biblioteca Eduardo Blanco Amor)


Trátase dun proxecto en curso, no que vén traballando o departamento de Servizos, conxuntamente coa Biblioteca e a coordinación de Dinamización da Lingua Galega, dende o curso académico 2012-2013. Pretende engadir ás nosas instalacións un Centro de interpretación de xogos populares e tradicionais, aberto a escolas infantís, CEIPs, IES, centros de maiores, centros de persoas con discapacidade ou calquera outro colectivo que poida manifestar o seu interese.


Parte da consideración do xogo como nexo de unión coa comunidade, para facilitar a interacción do alumnado coas persoas destinatarias coas que vai traballar.


Por outra banda asume un compromiso coa comunidade na transmisión do patrimonio material e inmaterial e permite a metodoloxía de aprendizaxe por proxectos e aprendizaxe servizo. Ligado a este aspecto salientar o proxecto “Eu xogo coma antes” do ciclo superior de Educación Infantil na modalidade personas adultas, do curso 2014-2015 que acadou o premio do II Concurso de traballos por proxectos. Neste proxecto elaborouse un banco audiovisual de xogos musicais intantís (0-3 anos) da tradición galega.


O Centro de interpretación do xogo popular e tradicional pretende servir de reclamo para que se produza o encontro entre entidades da contorna e alumnado e profesorado do centro. As actividades nas que se centra son:


1.- Dende o Centro de recursos de xogo popular e tradicional realízase a xestión e difusión de fondos.


Ante a falta de espazos na Biblioteca Eduado Blanco Amor e no centro, a colección alóxase na Aula Eleanor Roosevelt, compartindo o seu uso co Obradoiro de Teleasisitencia. A aula está dotada duns andeis que permiten a colocación dos distintos xogos. Están clasificados e etiquetados de xeito que sexa doada súa localización.
No momento actual calquera persoa pode saber os xogos rexistrados, se os mesmos están ou non dispoñíbeis e mesmo accedendo a unha fotografía do mesmo e a unha descrición. Todo ilo a través da web, desde a aplicación da biblioteca (buscador/ materia/ xoguetes tradicionais)

2.- Servizo de préstamo dos xogos, tanto interno como externo. É o alumnado da FCT quén está a utilizar este recurso nas entidades colaboradoras. Tamén se pode facer o préstamo a entidades externas que non teñen alumnado en prácticas e que lles vaian dar un uso sen ánimo de lucro.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, distintos xogos da colección foron utilizados ao longo do curso en actividades realizadas fóra do centro, cumprindo un dos obxectivos que deron orixe ao proxecto:

  • Por terceiro ano consecutivo colaborouse na dinamización do Magosto Interxeracional da Cruz Vermella. Alumnado do ciclo superior de animación sociocultural e turística e do ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia dinamizaron o magosto da entidade despois de deseñar un proxecto de intervención supervisado polo equipo da biblioteca e o Equipo de dinamización da lingua galega.
  • Préstamos a entidades colaboradoras FCT: DomusVi
  • Préstamos a outras entidades (asociacións, centros de ensino…): CEIP Manuel Sueiro e Ex-alumnado de Integración Social matriculado na Universidade de Vigo.
  • Préstamo para desenvolver proxectos nos que participa o centro: Escola do río Porta Pisón (Meis) no marco do Proxecto Rios.


3.- Cabe a posibilidade de organizar actividades no centro e invitar a entidades para que participen. Unha das tarefas en marcha e pintar no patio xogos para poder levar a cabo as actividades. Actividade que se coordina conxuntamente polo departamento de Servizos á comunidade e as coordinacións da biblioteca e do EDLG.


Este ano invitouse a participar ao IES As Lagoas. O IES As Lagoas púxose en contacto co CIFP Portovello, en concreto co equipo de Animación Socio cultural e Turística para levar a cabo un proxecto de dinamización da lingua galega. Na reunión entre a dirección do IES As Lagoas e o equipo de ASCT do noso centro acordouse que esta colaboración entre os centros tivera lugar a través do Centro de Interpretación do Xogo Tradicional e Popular, utilizando o recurso do xogo e xoguete tradicional como axente de comunicación e descubrimento por parte do alumnado da ESO. Levouse a cabo en varias xornadas no CIFP Portovello durante o primiero trimestre e posteriormente no IES As Lagoas, nas que alumnado de ASCT coordinou a actividade na que participaron os catro cursos de 1º ESO do IES As Lagoas.


Centro de interpretación do xogo popular e tradicional - Foto 1
Centro de interpretación do xogo popular e tradicional - Foto 2


Mais noticias...