arriba
Luns, 17-Xuño-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


PROXECTO #CARTAIX Campaña de difusión en redes sociais da Carta Europea de Información Xuvenil


innovacion
Mércores, 5-Xuño-2019
PROXECTO #CARTAIX
Campaña de difusión en redes sociais da Carta Europea de Información Xuvenil
 - Foto

Persoa de referencia: Roberto Fernández Cartón

Alumnado participante: 1º Animación Sociocultural e Turística

A Carta Europea Información xuvenil

En 1993, a Asemblea Xeral de ERYICA adoptou a Carta Europea de Información Xuvenil. Que é un conxunto de principios e directrices profesionais para a información e asesoramento a mocidade.

Os principios desta Carta están destinados a aplicar a todas as formas de traballo de información xeneralizada para a xuventude que pretenden garantir o dereito a ter acceso á información completa, fiable e actualizada. Constitúen unha base para as normas mínimas e as medidas de calidade aplicables a todos os países como elementos dun enfoque amplo, coherente e coordinado para a información sobre a xente nova e a provisión de asesoramento.

Cremos que os servizos de información xuvenil desempeñan un papel importante na mellora do pensamento crítico na xuventude e na capacidade de cuestionar a información que atopan, producen e comparten.

O proxecto

O proxecto #CartaIX partiu dunha iniciativa da Axencia Europea para a Información e o Asesoramento Xuvenil (ERYICA - The European Youth Information and Counselling Agency). Invitábase a difundir nas redes sociais á Carta Europea da Información Xuvenil, sobre a base dun material gráfico elaborado por eles.

No traballo de aula polo tanto combinamos varias competencias:

  • Edición de material gráfico. Sobre a base da proposta de ERYICA, o alumnado editou as imaxes o e texto adaptándoos á tradución ao galego feita pola Dirección Xeral de Xuventude
  • Difusión en redes sociais. Utilizouse principalmente Twitter e Instagram, e todo o alumnado puido experimentar co manexa destas redes e posteriormente con ferramentas de análise.
  • Elaboración de páxina web onde se recolle todo o material elaborado, xunto a outra documentación relacionada.

Os resultados do proxecto foron:

  • Datos campaña en redes sociais: Como resultado da campaña de difusión realizada polo alumnado de primeiro de Animación Sociocultural e Turística do CIFP Portovello,(en total 20 perfís persoais para 30 publicacións). Obtívose un gran número de visualizacións e impresións, 10598, chegando ata os 186 “Me gusta” e 61 retweets. Utilizáronse os Hastags propostos por Eryica (#youthinfo #YICharter ) e tamén un propio, #CartaIX, facendo referencia á lingua galega
  • Páxina web: Dende a páxina web fíxose unha tradución da carta en galego, ademais, dos principios correspondentes, tamén se incorporaron as diferentes cartas noutros idiomas. Acceso á páxina web aquí.

O alumnado participante valorou moi positivamente o proxecto tanto como achegamento aos principios europeos da Información Xuvenil, como todo o relacionado co manexo das ferramentas de edición, difusión e análise de campañas en redes sociais.



Mais noticias...