arriba
Luns, 22-Xullo-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Novo ciclo medio na modalidade de Dual: Comercialización de Produtos Alimentarios.


comercio
Martes, 18-Xuño-2019
Novo ciclo medio na modalidade de Dual: Comercialización de Produtos Alimentarios. - Foto

Como novidade para o curso 2019/2020 o CIFP Portovello oferta na modalidade Dual o Ciclo Medio de Comercialización de Produtos alimentarios.


A competencia xeral deste título consiste en desenvolver actividades comerciais en establecementos alimentarios físicos e online, relacionadas coa planificación comercial, a xestión da loxística de almacenaxe, distribución e reposición de produtos alimentarios, a supervisión das seccións de venda de alimentos perecedoiros e non perecedoiros, e de atención comercial a clientes e provedores; seguindo criterios de calidade e actuando segundo a normativa de prevención de riscos, seguridade alimentaria e protección do consumidor.


O alumnado formarase no centro educativo dende os meses de setembro a febreiro e a actividade profesionalizadora realizarase nos meses dende marzo a setembro. Dita actividade é remunerada.
As entidades colaboradoras en Ourense son Carrefour, Grupo Cuevas, Gadisa e Vegalsa Eroski.

O prazo para facer a preincripción e do 24 de xuño ao 2 de xullo as 13:00 horas.

Podes consultar o calendario completo de admisión aquí
Se queres máis información sobre este ciclo, preme aquí



Mais noticias...