arriba
Domingo, 17-Novembro-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


O CIFP Portovello comparte o seu catálogo de produtos de apoio coa Universidade de Vigo


servizos
Mércores, 6-Novembro-2019
O CIFP Portovello comparte o seu catálogo de produtos de apoio coa Universidade de Vigo - Foto

O grupo de segundo de Traballo Social da Universidade de Vigo, campus de Ourense, visitou o noso centro este mércores 6 de novembro. Alumnado e profesorado de Integración Social (primeiro e segundo curso) e Atención a Persoas en situación de dependencia (primeiro curso) prepararon coordinadamente unha actividade para dar a coñecer os produtos de apoio que temos ubicados nas aulas Concepción Arenal, Movemento de Vida Independente e Florence Nightingale. A través de simulacións, lectura de códigos QR e explicacións verbais amosaron as características e funcións dos produtos de apoio.
A actividade propiciou ademais o intercambio de información sobre os perfís profesionais que concorreron na actividade.
A experiencia resultou enriquecedora para todas as persoas implicadas, valorándose a súa repetición para o vindeiro ano.



Mais noticias...