arriba
Mércores, 1-Abril-2020

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Visita no noso centro dos usuarios e usuarias do centro ocupacional Aspafores


Martes, 5-Novembro-2019
Visita no noso centro dos usuarios e usuarias do centro ocupacional Aspafores - Foto

Este luns día 4 de novembro recibimos a visita no noso centro dos usuarios e usuarias do centro ocupacional Aspafores de A Carballeira.

O alumnado de Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia realizou o acollemento e organizou unha xornada de xogos tradicionais contando cos recursos do Centro de Interpretación do Xogo popular e tradicional.

Despois, achegámonos á biblioteca onde tivemos a sorte de que unha das escritoras do centro, que casualmente é do mesmo barrio no que se sitúa ASPAFORES, nos recitase un fermoso poema adicado a súa avoa. Os usuarios e usuarias levaron en préstamo libros e películas da Biblioteca Eduardo Blanco Amor.



Mais noticias...