arriba
Martes, 10-Decembro-2019

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Inventario e catalogación dos produtos de apoio do CIFP Portovello


innovacion
Martes, 12-Novembro-2019

Dende o curso 2017-2018 profesorado e alumnado dos ciclos Integración Social e Atención a Persoas en situación de dependencia, andan embarcados nun proxecto que pretende crear un inventario en pdf dos produtos de apoio do noso centro e un catálogo dixital con códigos QR.

Trátase dun traballo en equipo nos que están implicados os módulos de Promoción da Autonomía Persoal de 1º de Integración Social, Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación de 2º de Integración Social e Organización da atención ás persoas en situación de dependencia e Características e necesidades das persoas en situación de dependencia de 1º de Atención a Persoas en situación de dependencia.

Os produtos de apoio atópanse repartidos en diferentes espazos do edificio B do CIFP Portovello (Obradoiro Concepción Arenal, Aula de Movemento de Vida Independente, Obradoiro Florence Nightingale e a Biblioteca Eduardo Blanco Amor) e o proxecto de inventariado e catalogación pretende mellorar a localización, accesibilidade e coñecemento dos mesmos.

No proceso de traballo o alumnado aprende a:

• Manexar catálogos de produtos creados baixo a UNE-EN ISO 9999:2012 e a ISO 9999:2011 (Catálogo de produtos de apoio do CEAPAT e Catálogo de produtos EASTIN)
• Identificar, describir e clasificar produtos de apoio
• Valorar os produtos de apoio segundo os principios básicos de Accesibilidade Universal e Deseño para todos

No curso 2019-2020 preséntase a oportunidade de colaborar coa Universidade de Vigo a través dunha actividade de achega dos nosos produtos de apoio. O grupo de 2º de Traballo Social do Campus de Ourense é recibido o 6 de novembro de 2019 por alumnado e profesorado de Integración Social e Atención a Persoas en situación de dependencia. Planifican un roteiro polo centro, ao longo do cal, a través da simulación e da exposición dos produtos comparten o proxecto cos compañeiros da universidade. Mentres se desenvolve a actividade o noso alumnado e o alumnado da universidade comparten información sobre os diferentes perfís profesionais.

A actividade e valorada positivamente por ambas partes e abre as portas para futuras colaboracións co mesmo ou con outros proxectos.



Mais noticias...