arriba
Domingo, 5-Xullo-2020

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Investigacións de mercado


innovacion
Mércores, 11-Decembro-2019
Investigacións de mercado - Foto

Persoa de referencia: Víctor José Domínguez Baños

Alumnado e profesorado implicado: 1º de CS Xestión de Ventas e Espacios Comerciais (Montse Rey) e 1º de CM de Actividades Comerciais (Victor José Domínguez)

O proxecto consiste en realizar unha investigación de mercado cunha mostra real e significativa. O alumnado de 1º de CM de Actividades Comerciais, no módulo de “Investigación de mercados” elixe un campo de estudo para unha poboación determinada, deseña a enquisa, define a mostra (alumnado do CIFP Portovello, edificio A e B) e recolle os datos (pasando a enquisa grupo a grupo de xeito presencial). Na recollida de datos participa alumnado do CM de Actividades Comerciais e do CS de Xestión de Ventas e Espazos Comerciais.

No tratamento ofimático está previsto que participe alumnado da FP Básica utilizando para elo o programa EXCEL.

Do análise da información e redacción do informe encargarase o alumnado de 1º de CS de Xestión de Ventas e Espazos Comerciais.

Trátase da segunda investigación que se realiza, a primeira centrouse e estudar as “Necesidades de ocio e servizos do alumnado do CIFP Portovello”, nesta ocasión o tema é “O perfil do alumnado do CIFP Portovello e o seu estilo de Vida”.

O alumnado con este proxecto aprende a:

• Realizar paso a paso investigacións de mercado
• Traballar de xeito colaborativo
• Facer presentacións públicas



Mais noticias...