arriba
Luns, 30-Marzo-2020

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Actividades igualdade


igualdade
Martes, 14-Xaneiro-2020
Actividades igualdade - Foto

O pasado luns, 13 de xaneiro, tiveron lugar no CIFP portovello dúas xornadas: de 10,30 a 12:30 e de 12:30 a 14:30 de defensa feminina. Nela participaron todas as mulleres dos seguintes cursos da familia de Administración e Xestión e Comercio e Márketing: 1º e 2º de Asistencia á dirección e segundos do CM de Xestión Administrativa, CS de Administración e finanzas, CM de Comercio e o CS de Xestión de Ventas.

Paralelamente leváronse a cabo dúas xornadas dedicadas ás "Novas masculinidades", dirixida integramente ao alumnado masculino dos mencionados ciclos. A maiores houbo unha xornada de 8:30 a 10:30 dirixida ao alumnado masculino da familia de Servizos Socioculturais e a Comunidade.

O vindeiro luns, 20 de xaneiro, realizarase outra actividade relacionada coa Autodefensa Feminista na aula Suso Jares, do Edificio B. 



Mais noticias...