arriba
Mércores, 8-Abril-2020

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Concurso de curtos "SENDA DOS FAROS"


dinamizacion
Venres, 17-Xaneiro-2020

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de convocar o Concurso de Curtas Senda dos Faros, coa finalidade de poñer en valor o patrimonio material e inmaterial do territorio polo que atravesa esta ruta litoral e fomentar o uso e a imaxe positiva da lingua galega. Establécese unha única categoría para alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio dos centros sostidos con fondos públicos. Outorgaranse seis premios para os centros e a/o docente responsable dos traballos que acaden o 1.º, 2.º e 3.º galardóns recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa.

O prazo para solicitar a participación rematará o 30 de xaneiro de 2020 e a data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo de 2020. Podedes consultar as bases en
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0099/concurso-curtas-senda-dos-faros



Mais noticias...