arriba
Mércores, 8-Abril-2020

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


I Xuntanza SEFED Galicia


innovacion
Martes, 10-Marzo-2020

Profesor de referencia: Alberto Redondo (Coordinador de Emprendemento)

Alumnado e profesorado implicado: O grupo de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa (Módulo de Empresa na aula) coa profesora Dolores María Sarmiento, o grupo de 2º do Ciclo Superior de Asistencia á dirección (módulo de Organización de Eventos) coa súa titora Marta Iglesias e colaboración do profesorado que imparte docencia no ciclo, e os dous cursos de 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas (módulo de Simulación Empresarial) co profesor Alberto Redondo.
No curso 2018-2019 participaba no programa Simula SEFED o alumnado e profesorado de 2º curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, e neste curso 2019-2020 sumánse dous grupos, os dous cursos de 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

No marco do programa Simula SEFED o alumnado crea unha empresa simulada e traballa nela. A empresa simulada funciona como unha empresa real que realiza transaccións comerciais con outras empresas simuladas de todo o mundo. En Galicia hai 19 empresas simuladas, e no CIFP Portovello, este curso están a funcionar tres empresas simuladas: “PORTOVELLO Protección, S.L.S”, “PORTOVIÑO SLS” e “BIOPORTO SLS”. O programa SEFED permite integrarse na rede de empresas simuladas da Fundación Inform.

Todos os anos a Fundación Inform organiza unha xuntanza de empresas simuladas en Barcelona, á que se engaden outras xuntanzas organizadas polas Consellerías de Educación das diferentes comunidades autónomas ou polos centros educativos nos que se leva a cabo o programa SEFED.

O día 19 de febreiro de 2020 tivo lugar en Ourense, no CIFP Portovello, a “I Xuntanza de Empresas Simuladas Galicia”, que foi organizada polo alumnado e profesorado do CIFP Portovello (en concreto polo 2º curso do Ciclo Superior de Asistente á Dirección, no módulo de “Organización de Eventos”) e na que participaron as tres empresas simuladas do CIFP Portovello, dúas de Monforte de Lemos “ Vinos Pinguela-Atomic” e “Pinguela Calidade” do IES A Pinguela e outras dúas de Vigo “Protección laboral Vivas” do CPR Vivas e “Candeas Cooperativa” do CPR Mendiño.

Con esta xuntanza alumnado e profesorado simulan unha “feira empresarial” para dar a coñecer as súas empresas e establecer relacións comerciais. O alumnado participante no evento chegou ás 100 persoas.

A xuntanza estruturouse do seguinte xeito:

• Parte 1 (de 10:00 a 11:30). Presentación e discursos das diferentes empresas participantes xunto cos seus vídeos publicitarios
• Parte 2 (de 11:30 a 13:30): Negociación entre empresas (intercambio comercial).
• Parte 3 (de 13:30 a 14:00): Entrega de premios (mellor stand e relación comerciais) e peche.


I Xuntanza SEFED Galicia - Foto 1
I Xuntanza SEFED Galicia - Foto 2


Mais noticias...