arriba
Mércores, 8-Xullo-2020

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Inscripción de alumnado de Ciclos Medios interesado na realización de prácticas nunha Mobilidade Internacional no marco do programa Erasmus+ no primeiro trimestre do curso 2020/2021


erasmus
Luns, 8-Xuño-2020

A Consellería decidiu retomar con “normalidade” o programa Erasmus+ na convocatoria de mobilidades para realizar a partir de setembro de 2020

O CIFP Portovello participa xunto á Consellería no proxecto “Europa: next station - 2019-1-ES01-KA102-063732” para CICLOS MEDIOS, polo que ábrese unha lista ppara alumnado que estea interesado en realizar mobilidades ao exterior no próximo trimestre lectivo (setembro- decembro). Hai dúas modalidades

· Realización da FCT para aquel alumnado de ciclos medios que accedera á fase de prácticas nesta avaliación, ou que decidira pospoñelas na última convocatoria.
· Prácticas para titulados recentemente (no último ano, é dicir os que titularan na convocatoria de decembro 2019, marzo 2020 ou xuño 2020). Esta modalidade consistiría en 100 días de prácticas, recibindo unha bolsa en parecidas condicións ás prácticas FCT

A modo de resumo as condicións económicas serían as seguintes:

 img#38515

Para calcular o importe total de cada mobilidade de alumnado deberá sumarse o importe de manutención que corresponda por país e o importe que corresponda para viaxe por distancia ao país de acollida.

Aínda non hai convocatoria oficial pero podedes consultar as bases da convocatoria anterior pois as condicións seguen a ser as mesmas.

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=KlEQolMFrUiYYqMfV5xG0BgnEkap8LFIiV9lyDxR7dZUNjJVQVdHRFgxOEQ0QkpGVTJKR01DNjhDNCQlQCN0PWcu



Mais noticias...