1ª Adxudicación ordinaria e período de matrícula
Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.
O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento AQUÍ.
Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada empregarase o seguinte modelo:
- Modelo de documento en formato PDF (réxime ordinario)
- Modelo de documento en formato PDF (réxime persoas adultas)