arriba
Martes, 29-Setembro-2020

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


BENVIDOS/AS AO CURSO 2020/21


horarios
Mércores, 9-Setembro-2020

Este curso que empezamos este mes vai estar marcado pola situación sanitaria que estamos a pasar e que como sabedes tamén nos afecta na nosa vida cotiá.

Proximamente iranse publicando as datas para as presentacións dos grupos, así como o calendario escolar, a guía do alumnado e outras informacións organizativas de intereses. Estade atentos, polo tanto, a nosa web e as RR.SS.

Algúns grupos que se publicarán nos vindeiros días van ter que ser desdobrados ou reorganizados, e asistirán ás actividades lectivas en horario de tarde. Este é debido a necesidade de cumprir a normativa fronte o covid-19, para manter a distancia entre o alumnando de 1,5 metros e procurar que coincida no noso centro o menor número de alumnado posible en cada quenda.

Recordamos que o horario de mañá é de 8:30h a 15:00h (con recreo de 11:30h a 12:00h)

O horario de tarde será de 16:00h a 22:30h (con recreo de 19:00h a 19:30h).



Mais noticias...