arriba
Mércores, 25-Novembro-2020

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Proxecto Horta escolar


innovacion
Domingo, 8-Novembro-2020

Persoa de referencia: Xesús Fortes, Departamento de Servizos

Lugar: patio exterior do edificio B

No curso 2019-2020 comeza o proxecto de Horta Escolar co propósito de converter o CIFP Portovello nun lugar para desenvolver experiencias sobre o entorno natural e rural, poñendo en práctica actitudes e hábitos de coidado e responsabilidade medioambiental.

A idea é xerar un espazo aberto á toda a comunidade educativa e tamén a outras persoas interesadas, no que se cultiven hortalizas, froitas e plantas aromáticas e medicinais. Para iso aproveitaranse diversos espazos do exterior do edificio B, creando unha xardineira de plantas aromáticas e medicinais e unha zona de horta con varios bancais que serán cultivados. Asemade, habilitarase unha composteira na que se recollerán todos os desperdicios orgánicos que se van xerando no centro co obxecto de convertelos en compost e traballarase no acondicionamento da charca.

Con este proxecto persíguense os seguintes obxectivos:

  • Desenvolver a sensibilización ante distintas problemáticas ambientais.
  • Adquirir conciencia sobre a incidencia das nosas actividades sobre o equilibrio do medio.
  • Desenvolver valores como a autonomía, a solidariedade e o traballo cooperativo.
  • Establecer lazos afectivos co medio.
  • Desenvolver capacidades de planificación, resolución de problemas e prevención de consecuencias.
  • Fomentar a iniciativa e a responsabilidade, o traballo en equipo e as relacións coas persoas da contorna.

No curso 2019-2010 desenvólvense as seguintes actuacións:

  • Escolleuse o espazo que albergará a plantación de aromáticas e medicinais, será a xardineira que está na entrada do centro e vai desde a porta até a pérgola.
  • Tomouse a decisión do espazo no que situar os bancais, tendo en conta a accesibilidade e as posibilidades de cara a montar posteriormente o sistema de rego.
  • Fíxose o deseño dos bancais e encargáronse as madeiras que os delimitarán perimetralmente, montándoos posteriormente no lugar indicado.
  • Mercáronse as primeiras ferramentas e fíxéronse cun espazo almacén para as mesmas.
  • Encargouse a terra que servirá de substrato para a horta.
  • Adquiriuse unha composteira.
  • Comezando a primavera comezaron as tarefas de acondicionamento da charca, contando coa participación de alumnado e profesorado voluntario, durante os recreos, fíxose un saneamento e limpeza dos vasos e da contorna da propia charca, agardando que a biodiversidade fixese o seu traballo
  • Nesas andaban, cando a mediados de marzo, chegou a nova de que suspendían as aulas e que non se podía volver polo centro. Xusto ao día seguinte de comezar o período de confinamento chegou o camión de terra para os bancais que agarda amontoada na pista a que a vida volva ao centro e o proxecto se reactive.

No presente curso 2020-2021 o proxecto Horta Escolar continua donde o deixou no mes de marzo de 2020 e retoma as seguintes accións:

  • Montar e poñer en funcionamento a composteira
  • Plantar e recolectar na horta as hortalizas e froitas
  • Plantar na xardineira as plantas aromáticas e medicinais
  • Realizar o mantemento da charca

Proxecto Horta escolar - Foto 1
Proxecto Horta escolar - Foto 2
Proxecto Horta escolar - Foto 3


Mais noticias...