arriba
Venres, 27-Novembro-2020

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Concurso de lemas contra a violencia de xénero


convivenciaigualdade
Mércores, 18-Novembro-2020


A Secretaría Xeral de Igualdade e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan un ano máis o concurso conmemorativo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro.

Este ano, para adaptalo ao escenario actual, o concurso enfócase cara a construción de lemas relacionados coa violencia de xénero co fin de promover a erradicación desta violencia e poñendo o foco na prevención, na detección precoz e na intervención.

Tema: reflexión contra a violencia de xénero
Destinatarios: centros de ensino públicos e concertados, que impartan ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional.
Participación: equipos guiados por 1 docente e constituídos por alumnado; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado
Categorías:

1ª categoría: alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
2ª categoría: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato, FP básica, ciclos de grao medio, ciclos de grao superior
Prazo de presentación dos traballos: ata o 19 de novembro de 2020 (ás 13.00 h)

Pódense consultar as bases completas no documento:

 http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2020/11/02/892408a01d86f9ab956704d9ea13e164.pdf



Mais noticias...