arriba
Sábado, 17-Abril-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


REALIZACIÓN DOS EXAMES NO RÉXIME DE DISTANCIA


Mércores, 24-Febreiro-2021

Observadas queixas por parte de alumnado da modalidade de Distancia para facer as probas de avaliación on line a resposta do centro é a seguinte:


A Orde do 5 de novembro de 2010, pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial, establece que tanto as titorías colectivas como as probas parciais que teñan lugar ao longo do curso se deberán realizar de forma presencial.


E aínda que durante o curso escolar 2020/21, coa finalidade de contribuír a mellorar a organización académica derivada do COVID-19, se posibilita que as titorías colectivas e as probas parciais poidan realizarse utilizando medios telemáticos; é decisión de cada docente o instrumento e modalidade de avaliación, polo tanto son perfectamente válidas as probas presenciais, sempre que se garantan todas as medidas de seguridade establecidas nos protocolos COVID.


Tendo en conta a experiencia e incidencias producidas durante o primeiro trimestre e outros factores como a adecuación de probas segundo módulos profesionais; e principios como o de garantir a equidade de todo o alumnado do centro nas distintas modalidades, cada docente tomará a decisión máis acaída segundo estas circunstancias.



Mais noticias...