arriba
Sábado, 17-Abril-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Portovello Mystery Shopper: retroalimentando ao comercio ourensán


Venres, 5-Marzo-2021

Persoa de referencia: Lidia Blanco Cerradelo, Departamento de Comercio e Marketing do CIFP Portovello

Entidades colaboradoras:

  • CIFP A Carballeira (Profesorado de informática)
  • Concello de Ourense (Servizo de Educación do Concello de Ourense)
  • Deputación de Ourense (Gabinete de Presidencia)
  • Comercios polo miúdo de Ourense

O proxecto que se presenta a continuación desenvolverase durante este ano, e foi presentado á Convocatoria 2021 dos Premios a proxectos de innovación na FP.

O propósito principal do proxecto, segundo se concreta no documento presentado á convocatoria é “o desenvolvemento dunha metodoloxía propia de investigación en mercadotecnia, baseada no tradicional mystery shopping, consistente na obtención de información coa finalidade de avaliar e medir o know-how do comercio ourensán. O alumnado do Portovello, como mystery shopper, será o encargado de visitar cada un dos comercios participantes para observalos e analizalos pondo en práctica os coñecementos teóricos adquiridos no centro educativo e aplicando novas técnicas de investigación creadas xunto co profesorado. Neste contexto, para a recollida da información crearase unha aplicación informática innovadora”.

“O fin último, ademais de que o alumnado adquira un coñecemento teórico-práctico nun contexto real, é extraer información en canto a competitividade actual do comercio ourensán, premiando aos negocios con mellores resultados e facendo recomendacións sobre a implantación de innovacións estratéxicas que poderán incorporar para mellorar e reactivar a súa actividade”.



Mais noticias...