arriba
Sábado, 17-Abril-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Concurso Cartas de amor


Xoves, 18-Marzo-2021

Coincidindo coa exposición Cartas de amor – 15 artistas contra a violencia de xénero, ubicada no edificio B do noso centro ata o día 23 de marzo, o Equipo de Igualdade do centro convoca un concurso de cartas de amor.


Aberto a: Toda a comunidade educativa
Entidade convocante: Equipo de Igualdade do CIFP Portovello.
Data de peche: 16/04/2021
Premio: Diploma, publicación da obra nas redes sociais do CIFP e agasallo de Igualdade.


BASES
TEMÁTICA
As cartas de amor serán inéditas e non premiadas e/ou publicadas con anterioridade.
Os/as destinatarios/as poderán ser reales ou ficticios, lugares, obxectos, emocións...
CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS
As cartas escritas en prosa poderán ter una extensión máxima de dous folios a unha cara (A4), levarán un título e firmaranse con seudónimo e contemplarán aspectos relativos á igualdade, respecto e sentimentos alonxados de relacións tóxicas ou que menoscaben tanto a persoa relatora como á destinataria.
ENTREGA DAS CARTAS
Debido as recomendaciones sanitarias fronte ao COVID-19, enviaranse as cartas por correo electrónico á seguinte dirección:
somosigualdade@cifpportovello.com
Indicando no asunto da mensaxe:
“CONCURSO DE CARTAS DE AMOR CIFP PORTOVELLO 2021”.
Cada traballo enviarase nunha única mensaxe electrónica que levará dous arquivos:
— A carta en arquivo PDF que levará por nome o título da obra (Exemplo: PDF1: Palabras de amor).
— e outro arquivo PDF cos datos do autor ou autora (Nome, apelidos, idade, ciclo e curso). Este arquivo levará o nome do título da carta máis a frase “datos persoais”. (Exemplo: PDF2: Palabras de amor. Datos persoais).
PRAZO DE ENTREGA
O prazo de admisión das cartas remata o 16/4/2021.
XURADO
O xurado estará integrado por persoas da Comisión de Igualdade do centro e do equipo de igualdade Moraima.


Concurso Cartas de amor - Foto 1
Concurso Cartas de amor - Foto 2
Concurso Cartas de amor - Foto 3


Mais noticias...