arriba
Sábado, 10-Abril-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


I Feira Virtual SEFED


Xoves, 25-Marzo-2021

Persoas de contacto: Marta Pereira Blanco e Alberto Redondo Lorenzo (Coordinación de Emprendemento)

Alumnado e profesorado implicado: os dous cursos de 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas (módulo de Simulación Empresarial) coa profesora Marta Pereira Blanco.

No marco do programa Simula SEFED o alumnado crea unha empresa simulada e traballa nela. A empresa simulada funciona como unha empresa real que realiza transaccións comerciais con outras empresas simuladas de todo o mundo. O programa SEFED permite integrarse na rede de empresas simuladas da Fundación Inform.

No curso 2019-2020 tiña lugar no CIFP Portovello a I Xuntanza SEFED de Galicia, organizada polo alumnado e profesorado do CIFP Portovello na que participaban tres empresas simuladas do CIFP Portovello e catro do resto de Galicia. Con esta xuntanza alumnado e profesorado simulaban unha “feira empresarial” para dar a coñecer as súas empresas e establecer relacións comerciais. O alumnado participante no evento chegou ás 100 persoas

Como continuidade da I Xuntanza SEFED de Galicia, realizouse en Monforte de Lemos (organizada polo IES a Pinguela), o día 26 de febreiro, a II Xuntanza SEFED de Galicia. O CIFP Portovello non puido asistir, pero cabe destacar a importancia do evento por darlle continuidade as feiras empresariais.

No curso 2020-2021 o CIFP Portovello, con dúas das súas empresas simuladas Portoviño SLS e Bioporto SLS, participa na I Feria Virtual SEFED, celebrada os días 27 e 28 de xaneiro e organizada pola Fundación Inform. Nesta feira participaron máis de 1200 empresas simuladas de todo o mundo, e o alumnado tivo a oportunidade de establecer contactos comerciais con aproximadamente 50 delas. A xuntanza posibilitou o establecemento de relacións empresariais e de operacións de compra-venda durante os días do encontró e tamén para o futuro. Ademáis, ao ter que negociar con entidades de todo o mundo, favoreceu a práctica de idiomas como o inglés e o francés.


I Feira Virtual SEFED - Foto 1
I Feira Virtual SEFED - Foto 2


Mais noticias...