arriba
Sábado, 8-Maio-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorRecollida "AnimAcción voluntaria"


Martes, 20-Abril-2021
Recollida "AnimAcción voluntaria" - Foto

Recollida "AnimAcción voluntaria"

O alumnado de 1 º de Animación Sociocultural e Turística leva a cabo unha iniciativa de voluntariado chamada “ Animacción voluntaria”. Este proxecto consiste na recollida de produtos de limpeza e/ou hixiénicos e material escolar para os colectivos vulnerables. Unha vez recollidos, serán entregados a Cáritas Ourense e Fundación Baiuca Verdescente para o seu reparto.
Do 16/04/2021 ao 5/05/2021 están colocadas tres caixas diferenciadas por produtos nas diferentes entradas principais do centro (tanto do edificio A coma do B) e nelas, todas as persoas que o desexen poderán colaborar, aportando materiais anteriormente citados.
Recordade que unha pequena aportación pode ser unha gran axuda.

E ti, úneste ao clube?



Mais noticias...