arriba
Domingo, 20-Xuño-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorAlumnado de Animación sociocultural e turística dinamiza unha campañ...


Mércores, 21-Abril-2021
Alumnado de Animación sociocultural e turística dinamiza unha campaña sobre os efectos da pandemia na saúde mental da xente nova - Foto

Alumnado de Animación sociocultural e turística dinamiza unha campaña sobre os efectos da pandemia na saúde mental da xente nova

Dese o módulo de Información xuvenil do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística levamos a cabo unha campaña de sensibilización en redes sociais, sobre os efectos da pandemia na saúde mental da xente nova.

Esta campaña levouse a cabo desde toda europa, coincidindo co Día Internacional da Inforamción Xuvenil que se celebra o día 17 de abril - #EYID21. A Axencia Europea da Información xuvenil (ERYICA) contou con nós como socios para desenvolvela en Galego. Para esta labor contamos ca axuda do equipo de dinamización lingüísca do centro

A campaña ten como obxectivo animar á xente nova a exteriorizar as súas emocións, problemas e medos, sensibilizando aos mozos e mozas sobre a importancia da saúde mental e o benestar emocional.

“A situación xeral dos países e as súas rexións e cidades afectou a vida diaria dos mozos e mozas: o 46% deles reporta ter menos motivación para realizar actividades que habitualmente gozaban. O 36% sente menos motivado para facer as tarefas do fogar habituais.

A súa percepción do futuro tamén se viu afectada negativamente, especialmente no caso das mulleres novas que teñen e enfróntanse a dificultades especiais. O 43% das mulleres séntense pesimistas sobre o futuro en comparación co 31% dos participantes masculinos.

Unha situación que xera profunda preocupación e é un chamado ás autoridades sanitarias nacionais, é que o 73% sentiu a necesidade de pedir axuda en relación co seu benestar físico e mental. A pesar disto, o 40% non pediu axuda.”


Fonte: O impacto do COVID-19 na saúde mental de adolescentes e mozas. Unicef- 2020


Algúns exemplos das nosas publicacións en twitter e instagram:


https://photos.app.goo.gl/2RSNxMtkz18StYUr6


Alumnado de Animación sociocultural e turística dinamiza unha campaña sobre os efectos da pandemia na saúde mental da xente nova - Foto 2


Mais noticias...