arriba
Xoves, 23-Setembro-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorRecursos didácticos para o comercio alimentario


Venres, 23-Abril-2021
Recursos didácticos para o comercio alimentario - Foto

Recursos didácticos para o comercio alimentario

Persoa de referencia: Víctor J. Domínguez Baños

FP Dual, ciclo medio de Comercialización de produtos alimentarios, módulo de Mercadotecnia no sector alimentario.

No curso 2019-2020 un grupo de 6 profesores da familia de Comercio e Márketing, repartidos por distintos centros de Galicia, atopan a necesidade de elaborar material didáctico para poñer en marcha o módulo de “Mercadotencia no sector alimentario” que comeza a súa andadura na FP Dual.

O grupo xurde de xeito informal, e asesorados polo CFR decide participar na convocatoria 2019-2020 dos Proxectos de Formación para profesorado de FP co proxecto "Deseño e desenvolvemento curricular no módulo de Mercadotecnia de produtos alimentarios na FP Dual" e na convocatoria 2020-2021 co proxecto "Recursos didácticos para o comercio alimentario", acadando así o respaldo necesario para desenvolver os seus obxectivos.

Durante o curso 2019-2020 realizan visitas a empresas do sector e outras entidades afins (como HORSAL E GADISA), participan en actividades formativas e celebran reunións co propósito de elaborar recursos formativos de carácter teórico e práctico. O froito do traballo realizado é o deseño dunha programación didáctica común e a creación de material formativo con unidades didácticas e tarefas que xa durante o curso son desenvolvidas e avaliadas nos centros participantes.

Ao inicio do curso 2020-2021, nas Xornadas de Comercio e Marketing que desenvolve a familia profesional todos os anos, o grupo de traballo comparte o traballo realizado.

O proxecto é coordinado dende Pontevedra polo IES Luís Seoane, e ademais participa profesorado do noso centro CIFP Portovello (Ourense), do IES A guía (Vigo), do IES Moncho Valcarce (As Pontes de García Rodríguez), do IES García Barbón (Verín) e do IES Ribeira de Louro (Porriño).

No curso 2020-2021 continua o traballo e nesta ocasión o obxectivo é crear un libro virtual para o alumnado e un libro virtual para o profesorado. Os manuais son elaborados a través da tecnoloxía e-learning, e unha vez finalizados pasarán a ser públicos no banco de recursos da familia profesional de Comercio e Marketing.

O proxecto remata en maio de 2021.


Recursos didácticos para o comercio alimentario - Foto 2


Mais noticias...