arriba
Domingo, 20-Xuño-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorXornadas de formación en perspectiva de xénero e Igualdade para o pr...


Xoves, 6-Maio-2021

Xornadas de formación en perspectiva de xénero e Igualdade para o profesorado

Persoa de referencia: Eva Álvarez (coordinadora da Comisión de Igualdade do CIFP Portovello)

Os días 3 e 4 de xuño de 2021, no CIFP Portovello, terán lugar as Xornadas de formación en perspectiva de xénero e Igualdade para o profesorado, esta actividade está enmarcada no I Plan de Igualdade e Diversidade do CIFP Portovello e vai dirixida ao profesorado do centro. Prevista para o curso 2019-2020 no Plan de Igualdade, quedou en suspenso pola pandemia do COVID-19, e retómase neste momento xunto con outras actividades que tamén resultaron afectadas.

A formación, que está previsto sexa presencial, persigue un triple obxectivo:

• Formar en perspectiva de xénero e igualdade
• Abordar de xeito integral a violencia de xénero
• Promover a convivencia e promoción da igualdade

Terá unha duración de catro horas para cada grupo, divididas en dúas sesións de dúas horas cada unha. Os contidos, adaptados a cada familia profesional, abranguen:

• Unha achega teórica á igualdade de xénero
• A inclusión da perspectiva de xénero nos módulos profesionais de cada familia

Será COEDUCA , entidade especializada na formación en igualdade, a encargada de desenvolver as sesións formativas.



Mais noticias...