arriba
Martes, 15-Xuño-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorInspeccionamos a calidade das augas do río Loña


Martes, 1-Xuño-2021
Inspeccionamos a calidade das augas do río Loña - Foto

Inspeccionamos a calidade das augas do río Loña

O alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turística terminou hoxe o seu percurso este ano académico na Escola no Río participando na inspección de primavera da calidade das augas do río Lonia, enmarcada dentro do Proxecto Ríos, coordinado en Galicia por ADEGA, o que nos permitiu achegármonos tanto a unha experiencia de educación ambiental replicable en diferentes contextos como á biodiversidade do río Loña dunha forma práctica.

O tempo axudou e a experiencia resultou altamente satisfactoria para todas as persoas participantes. De camiño ao lugar de inspección realizouse unha recollida de lixo e unha vez aló procedeuse á recollida de mostras e a análise dos macroinvertebrados atopados nas mesmas e a verificación de outras variábeis asociadas ao proxecto. Sobre esa base redactarase o correspondente informe que será compartido a través da web do Proxecto Ríos.

En outono voltaremos realizar o mesmo proceso...


Inspeccionamos a calidade das augas do río Loña - Foto 2
Inspeccionamos a calidade das augas do río Loña - Foto 3
Inspeccionamos a calidade das augas do río Loña - Foto 4
Inspeccionamos a calidade das augas do río Loña - Foto 5
Inspeccionamos a calidade das augas do río Loña - Foto 6


Mais noticias...