arriba
Mércores, 8-Decembro-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorAula de Tecnoloxía Aplicada para eCommerce B2C Portovello


Xoves, 4-Novembro-2021
Aula de Tecnoloxía Aplicada para eCommerce
B2C Portovello - Foto

Aula de Tecnoloxía Aplicada para eCommerce B2C Portovello

Persoa de referencia: María Jesús Carnero

Xurde no marco da “Resolución do 5 de abril de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros integrados de formación profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2021”

Este Programa está cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial: Plan de Formación Profesional para o Crecemento Económico e Social e a Empregabilidade, e pola Unión Europea - NextGenerationEU.

O proxecto consiste en dotar ao centro dunha aula de tecnoloxía aplicada ao E-Commerce. A aula permitirá que o proceso de ensino-aprendizaxe se desenvolva dun xeito eminentemente práctico, e estará dotada de tecnoloxía punta para poder traballar en tódolos eidos, dende xestión do produto ata a súa venda online.

O CIFP Portovello contará cun software propio que integrará as fases polas que pasa o produto dende o fotografiado e subida á páxina web ata a análise da satisfacción unha vez recibido polo cliente final.

Localizada na planta soto do centro, contará con espazos diferenciados para:

• Área de fotografía de produto e impresión 3D
• Área de creación de páxinas web
• Área de xestión comercial
• Área de tecnoloxía aplicada á xestión do almacén
• Área de xestión da propia Aula de Tecnoloxía Aplicada

A través da aula replicarase unha contorna real dunha empresa na que o alumnado poderá experimentar procesos reais e acadar competencias profesionais necesarias para a actividade comercial.

Utilizarán a Aula de Tecnoloxía Aplicada a familia de Comercio e Marketing e a familia de Administración e Xestión.

O proxecto de creación da Aula de Tecnoloxía Aplicada remata en novembro de 2021, e utilización da mesma con fins docentes iniciarase no presente curso.

 img#55486



Mais noticias...