arriba
Mércores, 8-Decembro-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorO CIFP Portovello colabora co Concello de Ourense na organización do...


Mércores, 17-Novembro-2021
O CIFP Portovello colabora co Concello de Ourense na organización do concurso de escaparates de nadal
 - Foto

O CIFP Portovello colabora co Concello de Ourense na organización do concurso de escaparates de nadal

O CIFP Portovello consciente da necesidade de achegar ao alumnado á realidade comercial da provincia de Ourense colabora co Concello de Ourense e con Ecourense na organización do concurso de escaparates de nadal.
O alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais aplicará os coñecementos dos módulos de Escaparatismo e de Mercadotecnia na organización do concurso de escaparates de nadal para o comercio ourensán.
A colaboración está enmarcada dentro dunha metodoloxía educativa baseada no desenvolvemento de proxectos reais. A participación do alumnado pasa pola redacción das bases, a elaboración de fichas de avaliación de escaparates e a valoración final como membros do xurado. Así mesmo, realizaron uns vídeos para difundir nas redes sociais informando sobre o concurso.
As bases están dispoñibles nas webs e redes sociais do Concello de Ourense e do CIFP Portovello. Existen diferentes categorías de premios e haberá un acto no que se recoñecerán os establecementos galardoados o día 20 de decembro.




 img#10243



Mais noticias...