arriba
Mércores, 8-Decembro-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorActividade do CIFP PORTOVELLO polo Día Internacional contra a Violen...


Mércores, 24-Novembro-2021
Actividade do CIFP PORTOVELLO polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2021. - Foto

Actividade do CIFP PORTOVELLO polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2021.


O equipo de Igualdade do CIFP Portovello artellamos un Encontro coa Fiscal de Violencia de Xénero de Ourense, no que nos vai achegar a súa ollada dende este eido. Esta actividade cunha duración dunha hora e vaise desenvolver de xeito presencial, na aula Suso Jares, tendo en conta o protocolo covid para o presente curso. Esta aula está ubicada na planta baixa do Edificio B e o acceso levarase a cabo directamente á aula (sen acceder pola entrada principal) seguindo a sinalización que atoparedes ese día na entrada do centro.
Aínda que programada inicialmente para o xoves 25 vémonos na obriga de adiala para unha posterior data aínda por concretar.

Por outra banda o Equipo de Igualdade Moraima, conformado por alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, vén de traballar na elaboración da campaña “Bloquea a violencia de xénero” na que se expoñen varias conversas nas RRSS entre a mocidade que claramente son violencia machista, pero que resultan en ocasións difíciles de identificar por parte das vítimas que a cotío non denuncia porque se minimiza a gravidade dos feitos ou incluso a vítima se sente culpable da situación. O acoso virtual, o sexpreading, a extorsión, a suplantación de identidade atópanse dentro deste lote de violencias machistas que poderemos ver nesta exposición.

A exposición é itinerante e estará ubicada no Espazo Violeta do Edificio B do 22 ao 26 de novembro e no Edificio A do 29 ao 3 de decembro.

Tamén están a traballar o grupo de segundo curso de Animación sociocultural e turística, que seleccionaron os carteis de "En negro contra as violencias", que máis lles representan.

De xeito pararelo, traballaron sobre as ideas que consideran importantes para destacar no Día Internacional contra a violencia machista. Estas choiva de ideas deu lugar ao lema do CIFP Portovello: Reeduca, respeta e revoluciona, as 3R contra a violencia de xénero.

Finalmente, procédese a expoñer o lema e os carteis polo centro, para compartir a mensaxe co alumando e profesorado do centro. Tarefa coa que colabora o grupo de segundo curso de Asistencia á dirección.



Mais noticias...