arriba
Venres, 28-Xaneiro-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorEspectáculo teatral GOLPES no CIFP Portovello


Luns, 20-Decembro-2021
Espectáculo teatral GOLPES no CIFP Portovello - Foto

Espectáculo teatral GOLPES no CIFP Portovello

Esta semana levamos a cabo no noso centro unha das actividade do PLAN PROXECTA+: PROGRAMA "POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE"2021-2022 que desenvolvemos no CIFP Portovello; o espectáculo unipersonal GOLPES, sobre violencia machista interpretado pola actriz Estíbaliz Veiga da compañía de teatro aAntena.

Esta peza teatral 'Golpes' está dirixida por Xosé Leis. Trátase dun one woman show cargado de moitas mensaxes e reivindicacións contra a violencia machista, sen máis artificio nin truco escénico que a súa voz e a súa interpretación. A actriz interpreta a Pamela nun pequeno espazo, «trata sobre unha muller que padece a inxustiza da violencia machista. É un feito real, que conta a propia Pamela para que todos os rapaces e rapazas a poidan escoitar». «A desigualdade e a violencia machista non so están nos golpes, están nos comportamentos de cotío, nas diferenzas dos postos de traballo, nas diferenzas salariais e nos machismos en xeral, que dende moi cativas e cativos aprendemos nas escolas e en diferentes ámbitos da vida.

Os grupos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Integración Social, Animación Sociocultural e Turística e da FP Básica puideron participar e desfrutar desta obra de teatro.



Mais noticias...