
GAÑADORES CONCURSO ESCAPARATES NADAL
O CIFP Portovello participou no acto de entrega de premios do Concurso de escaparates de Nadal organizado polo Concello de Ourense.
O alumnado de 2º do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do CIFP Portovello, que colaborou na organización do concurso, tamén entregou algúns dos premios en dito acto.
Os tres primeiros premios foron para Cucú la Rana, Escoita e Arte 3, e o premio popular foi para a Cafetería tapería JP.
Os premios na categoría de Barrios foron para Personal Kitchen, Lecer Manualidades, A Bufarda xoguetería, Brioenflor e Farmacia Martínez de Paz-Vázquez.
Sen dúbida, participar en todo o proceso do Concurso de escaparates de Nadal foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado que cursa o módulo de Escaparatismo e deseño de espazos comerciais.