arriba
Venres, 28-Xaneiro-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorVisitamos Arte na rúa: Terra de soños de Cristina G. Rodero


Xoves, 23-Decembro-2021
Visitamos Arte na rúa: Terra de soños de Cristina G. Rodero - Foto

Visitamos Arte na rúa: Terra de soños de Cristina G. Rodero

Nestas últimas semanas varios grupos do CIFP Portovello estamos a visitar a exposición "Terra de soños" de Cristina García Rodero. Esta exposición forma parte do programa Arte na rúa, a través da cal, a Fundación ”la Caixa” quere acercar a arte aos grupos escolares fóra do marco habitual de museos e salas de exposicións.

A través dunha visita guiada amósasenos sen complexos a singularidade e asimetría do mundo rural da India. Un escenario onde se confunde o pasado co presente, o natural co sobrenatural e o fantástico.
A través das fotografías, a exposición quere dar voz ás mulleres das comunidades rurais de Anantapur (Andhra Pradesh) e pór de releve o seu poder para transformar o entorno no que viven. Obstinada e desmesurada, Cristina García Rodero soubo somerxerse neste mundo, fundirse na alegría e o sufrimento de quen cobre coa cor e elegancia os claroscuros da súa propia existencia.
Participan entre outros grupos o Equipo de Igualdade “Moraima” conformado polo alumnado de 1ºA e B do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Portovello.



Mais noticias...