arriba
Martes, 5-Xullo-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorEstudo de inserción laboral do alumnado do CIFP portovello


Luns, 23-Maio-2022
Estudo de inserción laboral do alumnado do CIFP portovello - Foto

Estudo de inserción laboral do alumnado do CIFP portovello

O departamento de Información e Orientación profesional do CIFP Portovello participou, xunto co CIFP A Farixa e o CIFP A Carballeira, na realización dunha investigación sobre a incorporación laboral do alumnado de formación profesional. Esta nova presenta un resumo dos resultados máis destacados do estudo realizado no CIFP Portovello durante o curso 2020-21

Rematada a segunda fase do estudo de inserción profesional do CIFP Portovello sobre o alumnado do curso 2020-21 os resultados obtidos van la liña do avanzado pola Xunta de Galicia ao inicio do ano 2022, onde o 70% das familias profesionais da FP galega teñen unha taxa de inserción laboral superior ao 85%, e en seis delas é de máis do 90%. Na formación profesional dual, onde comparten a formación os centros de ensino e as empresas, chega ao 97%.

Neste senso máis da metade do alumnado do CIFP Portovello que traballa obtén o emprego en ménos de 3 meses logo de rematar os estudos, e de media, o 40% o fai na propia empresa onde realizou as prácticas (Formación en Centros de Traballo)

Para todo aquel alumnado e empresas que o desexen, o CIFP Portovello dispón dunha Bolsa de Emprego para tituladas e titulados onde tanto demandantes de emprego como empresas poder cruzar as súas demandas e polo tanto satisfacer a súas necesidades laborais.

A gráfica mostra para o alumnado do CIFP Portovello o tempo transcorrido dende a finalización do ciclo ata a incorporación ao posto de traballo.



Mais noticias...