arriba
Martes, 5-Xullo-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorO CIFP Portovello é premiado pola Xunta de Galicia polo proxecto "Vi...


Xoves, 2-Xuño-2022
O CIFP Portovello é premiado pola Xunta de Galicia polo proxecto "Viaxa connosco sen te mover" - Foto

O CIFP Portovello é premiado pola Xunta de Galicia polo proxecto "Viaxa connosco sen te mover"

O CIFP Portovello en colaboración co CIFP A Farixa e o CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel concursou aos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A idea premiada pretende dotar ao centro dunha ferramenta/recurso TIC deseñada dende o principio de accesibilidade universal que permita a través dun navegador web a inmersión interactiva en espazos virtuais a través de fotografía e vídeo 360 e outros elementos audiovisuais.



Mais noticias...